NORMAS
1) En liguilla xogarase a unha partida gañada de 5 chicos ( 90 tantos), excepto o grupo A no que se xogará a unha partida gañada de 8 chicos. 2) En cuartos de final, semifinais e final, a 2 partidas gañadas de 4 chicos e o 3º e 4º posto a 1 de 5 chicos. 3) Tódolos xogadores deberán ir uniformados, en caso contrario, perderán o partido. 4) A non presentación dalgún compoñente nun partido significaría a perda de tódolos puntos, a exclusión do torneo e a sanción de non poder participar o vindeiro ano nos campeonatos galegos individuais, de parellas e de Nadal. 5) Cada dupleta poderá ter un ou varios reservas, podendo realizar un cambio o día que dispute dúas xornadas ( non pode face-lo cambio durante un partido, excepto en caso de lesión). 6) Os reservas son específicos de cada dupleta, co cal non poderán cambiar de parella. 7) O comezo do primeiro encontro é ás 16:00 h. Non habendo tempo de espera, e os outros de seguido. 8) Na liguilla pasan os dous primeiros de cada grupo. 9) En caso de empate entre 2 equipos, resólvese polo resultado do encontro entre eles. 10) Entre 3 ou máis equipos, resólvese coma se fora unha liguilla entre eles. a) Os puntos acadados por cada un. b) Pola diferencia de tanteo. c) Polos tantos a favor. 11) Os cuartos de final celebraranse no campo de Mañufe, e as semifinais e final no campo de Camos. |
|
|||